Quantcast
Channel: palestras – EASD Antonio Faílde, Ourense
Viewing all articles
Browse latest Browse all 26

Presentación Anuario 2016

$
0
0

O mércores 26 de outubro ás 20:00h. terá lugar a presentación de “BASE”, o Anuario 2016 da Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Failde, no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” (Rúa do Progreso, 40, Ourense).

O evento contará coa participación de Dani Bembibre e David Silvosa de COSTA Comunicación Visual, prestixioso estudo coruñés gañador de importantes premios como o Art Directors Club of Europe ou o LAUS da ADG-FAD. Tamén estarán presentes os responsabeis do deseño e maquetación da revista; a alumna Cristina Escarda e o alumno Simón Seoane que comentarán a conceptualización e desenvolvemento do presente anuario. Así mesmo proxectaráse unha mostra dos traballos desenvolvidos nas diferentes especialidades impartidas no EASD Antonio Failde; Deseño Gráfico, Deseño de Interiores, Ilustración, Fotografía Artística e Ebanistería Artística, comentados por profesorado de ditas especialidades.

Ao finalizar o acto farase entrega de exemplares do anuario aos asistentes.

Agardamos que poidades asistir.
Saúdos.


Viewing all articles
Browse latest Browse all 26

Trending Articles


MARÍA OLIMPIA DE OBALDÍA [9233]


JUAN ANTONIO CAVESTANY [14.478]


Un Pombero anti-robos


Goku tamaño real


ALFREDO HERRERA FLORES [17.044] Poeta de Perú